martes, 1 de abril de 2014

PREMIO PRITZKER PARA O XAPONÉS SHIGERU BAN

Hoxe chamoume a atención esta noticia no periódico; o Pritxker (algo así como o nobel en arquitectura) recae sobre o xaponés Shigeru Ban. E chocoume porque non sempre xente "de aquí" coñecida e recoñecida (aínda que eu diría "famosa" que se soubo vender) gaña un premio tan importante.
E non o gaña pola sua arquitectura inovadora (que tamén) nin polos 20 anos na arquitectura mundial (que tamén) polas suas obras coñecidas como "Naked House" en Saitama ou o Centro Pompidou Metz en Francia (que tamén) nin porque usa como materiais comúns tubos de papel ou materiais pouco convencionais como bambú, papel ou plástico (que tamén) senon e sobre todo pola sua labor humanitaria, Shigeru fixo do noso mundo un mundo mellor.

Podes mirar o artículo no seguinte enlace

No hay comentarios:

Publicar un comentario