jueves, 7 de marzo de 2013

NOVAS INVESTIGACIÓNS

Dende hoxe e nas seguintes clases imos a facer duas grandes investigacións e recopilacións:

  • MULLERES NA ARQUITECTURA: para esta investigación podedes consultar os seguintes enlaces e elexir unha arquitecta para o voso traballo donde poñades os estudos e todas aquelas facetas importantes polas que destacou no plano da arquitectura, será a nosa aportación para o día 8 de marzo que se conmemora o día da muller traballadora. É difícil atopar mulleres arquitectas anteriores ó século XX porque antes estáballes vetada a entrada nas facultades e o seu papel era puramente doméstico, pero a partires deste século xa empezaron a destacar.
          Faredes un documento de texto como máximo 1 carilla de folio coa síntesis da información.

  • A PONTE MÓVIL DE LEONARDO; entre os dous cursos da eso imos investigar cómo se construe unha ponte similar á que deseñou na súa época Leonardo da vinci, buscando na rede, esta vez pola vosa conta, como serán os planos e ver de repartir o traballo entre todos. Recopilaredes a información no voso caderno cos planos, medidas, materiais e todo o que estimedes oportuno.

No hay comentarios:

Publicar un comentario