sábado, 3 de noviembre de 2012

DIA DA CIENCIA EN GALEGO NO IES MONTE CASTELO

Ola a tod@s o vindeiro luns 5 de Novembro celebraremos no IES MONTE CASTELO o DÍA DA CIENCIA EN GALEGO. Queremos sobre todo dar difusión ó uso do galego en tódolos ámbitos e tamén no que fai referencia á ciencia. Este ano está adicado a ese xenial Leonardo Da Vinci, á tecnoloxía  e ó inventor galego Ramón Verea. Tamén e a modo reivendicativo está adicado á bicicleta e nós imos a centrarnos nela sen esquecer ó resto de homenaxeados.
Para iso o luns pola tarde invitamos a toda a comunidade educativa a vir en bici ó centro como sinal de protesta e dando o noso punto ecolóxico.
Os alumnos de 2º e 3º eso fixeron lemas a redor de promover o uso da bicicleta e colgarémolos logo de xogar parte da tarde a unha especie de trivial da ciencia onde compiten 1º e 2º ciclo da eso e dos cales haberá un grupo gañador por cada ciclo con premio incluido.
Faremos unha pequena exposición no hall de entrada para exhibir os nomes das partes da bicicleta en galego, algunha foto curiosa e algo sobre Leonardo ademáis os alumnos sacáronlle fotos ás súas bicis e fixemos unha presentación cos lemas sobre as bicis.
Por último sacaremos unha foto de grupo e un alumno de 1º de bacharelato faranos unha demostración con bicicleta BMX (José Leiras)
TODO ISTO PARA SEGUIR USANDO O GALEGO NON SÓ O 5 DE NOVEMBRO!!!!
E ISTE FOI O RESULTADO

No hay comentarios:

Publicar un comentario